Kerait

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Os kerait ou keraitas (mongol Кэрэйд/Kereid) foron unha confederación de tribos mongois de Asia Central, anterior ao período do Imperio Mongol. Viviron na zona comprendida entre os ríos Orkhon e Kherlen, ao leste dos naiman.

Xeralmente considérase que os kerait son un pobo turco, aínda que algunhas fontes os consideran mongois. Os nomes e títulos dos seus gobernantes suxiren que falaban unha lingua túrquica. Pero como coalición de subclans é posible que neles concorresen influencias das dúas orixes, o que dificulta asignarlles unha orixe inequívoca.[1][2]

Nestorianismo

Os Keraits convertéronse ao cristianismo nestoriano a principios do século X. Outros pobos total ou parcialmente cristianizados sos séculos X e XI foron os naiman e os merkit.

O xacobita sirio Gregorio Bar Hebraeus informa sobre o proselitismo misioneiro entre os keraitas no século XIII. Segundo a súa información lendaria, a principios do século XI, un líder kerait perdeuse nunhas montañas afastadas. Cando xa perdera toda espeanza aparecéuselle unha vivión que lle dixo: "Se credes en Cristo, entón levareivos para que non vos perdades". E o home foi levado a salvo. Cando pouco despois se atopou cuns mercadores cristiáns, lembrou a visión e consultounos sobre a fe deles. Finalmente, por consello dos mercadores, mandou unha petición á cidade de Merv. Desde alí enviáronlle sacerdotes e diáconos que o bautizaron, como tamén á súa tribo. Posteriores esforzos misioneiros levaron ao bautismo a 20.000 seguidores.[2][3]

A lenda do Preste Xoán, que colocaba a sede deste rei sacerdote na India ou en Etiopía, por algún tempo tamén o identificou cos gobernantes nestorianos dos kerait. Incluso nalgunhas versións o personaxe de Xoán equiparouse co Khan Toghril (véxase máis abaixo).

Dominación mongol

O gobernante kerait, Toghril, en 1183 recibiu do emperador Jin o título de Wang-Khan.

Toghril é mellor coñecido como unha especie de padriño de Temujin (máis tarde Gengis Khan) e como un dos seus primeiros aliados. Mais cando Temujin ascendeu ao poder, pelexáronse.

Temujin derrotou os kerait en 1203, cando se atopaban debilitados por disputas internas. Toghril tentou fuxir para a terra dos naiman, pero matouno precisamente un guerreiro naiman, quen non o recoñeceu. O resto dos kerait sometéronse completamente a Temujin, mais por desconfianza foron dispersados entre diferentes tribos mongois. Porén, algunhas personalidades individuais alcanzaron posicións influentes no Imperio Mongol. Así correu coas princesas kerait nestorianas Dokuz-Khatun e Sorg Haghani Beki, fillas de Genghis Khan. Esta última tivo catro fillos, que oficiaron temporalmente como Grandes Khans e mesmo fundaron a súas propias dinastías. Entre estes, ademais de a Kublai Khan, Ilkan Hülegü, cuxa esposa principal foi Doquz Khatun.

Notas

  1. The Mongol Century; Department of Asian Pacific Studies, San Diego State University
  2. 2,0 2,1 R. Grousset: The Empire of the Steppes; New Brunswick, NJ, Rutgers University Press, 1970; S. 191.
  3. Moffett: A History of Christianity in Asia; S. 400–401.