Certificado de Aptitude Pedagóxica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Para os usos de CAP en bioquímica ver proteína activadora por catabolito.

O Certificado de Aptitude Pedagóxica (CAP) é o requirimento indispensable en España para que os licenciados, enxeñeiros superiores, arquitectos ou equivalentes poidan exercer o ensino secundario segundo a Lei Orgánica 1/1990 do 3 de outubro, de Ordenación Xeral do Sistema Educativo (LOGSE). Tamén se adoita denominar CAP ao Curso de Aptitude (ou Adaptación) Pedagóxica que leva á súa obtención.

A base normativa encóntrase na Lei Xeral de Educación de 1970 e na Orde Ministerial do 8 de xullo de 1971.

Segundo o Real Decreto do 4 de xuño de 1993, non é necesario cursalo para o ingreso nas especialidades de tecnoloxía, psicoloxía e pedagoxía e formación empresarial, nin tampouco en ningunha das correspondentes ao Corpo de Profesores Técnicos de Formación Profesional. É dicir, os diplomados ou enxeñeiros técnicos (ademais dos licenciados) que poden optar ás prazas de profesor de ditas áreas non están obrigados a cursalo.

O curso 2009/2010 foi o primeiro no que non se impartiu o CAP, e no seu lugar implantouse o Mestrado para o profesorado de educación secundaria obrigatoria, bacharelato, formación profesional e ensino de idiomas, debido á entrada en vigor do Espazo Europeo de Educación Superior (EEES), coñecido como Plan Boloña.