Anticapitalismo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

O anticapitalista refírese á oposición, total ou parcialmente, ó capitalismo. O termo abrangue unha extensa colección de ideoloxías. En xeral, algúns anticapitalistas poden estar a favor dalgún tipo de colectivismo ou comunitarismo económico ou social, mais non todos e non necesariamente (existen anticapitalistas que defenden diferentes niveis de propiedade privada).

Ideoloxías anticapitalistas

O seguinte é unha breve descrición das ideoloxías, dos puntos de vista e das tendencias máis notables do contra-capitalismo.

Socialismo

O socialismo, na súa versión máis usual, apoia a idea dun control estatal extensivo da economía, o cal pode ou non estar asociado co control democrático das persoas sobre o estado (se un estado-nación existe nun sistema así).