2. Bundesliga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
2. Bundesliga
Fundación 1974
Rexión Alemaña Alemaña
Confederación Flag of Europe.svg UEFA
Equipos 18
Copa DFB-Pokal
Ascenso Bundesliga
Descenso 3. Liga
Actual campión FC Ingolstadt 04
(1º título)
Máis laureado 1. FC Nürnberg
(4 títulos)
Soccerball current event.svg 2. Bundesliga

A 2. Bundesliga ou Zweite Bundesliga é a segunda categoría da Liga de fútbol de Alemaña. Está por debaixo da máxima categoría profesional, a 1. Bundesliga, e por riba da terceira división (3. Liga) creada en 2008.

Equipos

Tempada 2015/16

O Allianz Arena é o estadio máis grande da liga. Nel xoga o 1860 Munich.
Club Cidade Estadio Capacidade
Arminia Bielefeld Bielefeld Schüco-Arena 27 300
VfL Bochum Bochum RewirpowerSTADION 29 299
Eintracht Braunschweig Braunschweig Eintracht-Stadion 23 325
MSV Duisburg Duisburgo MSV-Arena 31 500
Fortuna Düsseldorf Düsseldorf Esprit Arena 54 600
FSV Frankfurt Frankfurt am Main Frankfurter Volksbank Stadion 12 542
SC Freiburg Friburgo Schwarzwald-Stadion 15 445
SpVgg Greuther Fürth Fürth Trolli Arena 24 000
1. FC Heidenheim Heidenheim Voith-Arena 15 000
1. FC Kaiserslautern Kaiserslautern Fritz-Walter-Stadion 49 780
Karlsruher SC Karlsruhe Wildparkstadion 29 699
RB Leipzig Leipzig Red Bull Arena 44 345
1860 Munich Múnic Allianz Arena 71 000
1. FC Nürnberg Núremberg Grundig-Stadion 50 000
SC Paderborn 07 Paderborn Energieteam Arena 15 000
SV Sandhausen Sandhausen Hardtwaldstadion 12 100
FC St. Pauli Hamburgo Millerntor-Stadion 29 063
1. FC Union Berlin Berlín Alte Försterei 21 704

Sistema de competición

Actualmente participan na 2. Bundesliga 18 clubs que, seguindo un calendario establecido por sorteo, se enfrontan entre si en dous partidos, un en terreo propio e outro en campo contrario. O gañador de cada partido ten tres puntos, o empate outorga un punto e a derrota, cero puntos.

O torneo dispútase entre os meses de agosto e maio do seguinte ano. Ao término da tempada, os dous primeiros clasificados ascenden á 1. Bundesliga, e o terceiro clasificado disputará o seu ascenso co antepenúltimo clasificado da 1.Bundesliga. Os dous últimos son descendidos á 3. Liga e o antepenúltimo clasificado disputará a súa permanencia co terceiro clasificado da 3. Liga.

Ligazóns externas